Detido un operario de Navantia polas protestas do naval que interrumpiron un pleno en Ferrol

O traballador, X.D.P, ficou en liberdade con cargos após declarar nos xulgados, a cuxas portas concentráronse centos de operarios do naval ferrolá

concentración de operarios en solidariedade
photo_camera concentración de operarios en soliariedade

X.D.P, operario de Navantia-Ferrol, foi detidona súa propia casa  a primeiras horas da mañá desta cuarta feira polas forzas de seguridade en relación coas protestas do naval que a semana pasada tombaron o pleno da cidade departamental.

Nun primeiro momento, este traballador (que segundo diversas fontes é filiado á CIG) foi levado a Comisaría para ser trasladado despois ao Xulgado. Após declarar, tería quedado en liberdade con cargos, segundo fontes presenciais. 

O operario está acusa de atentado contra a autoridade

Ás aforas do Xulgado concentráronse operarios do naval en solidariedade co seu compañeiro. Tamén estiveron representantes de formacións como o BNG. Unha vez en liberdade este operario de Navantia-Ferrol, centos de traballadores dirixíronse cara á Casa do Concello da cidade departamental.

Pleno

Por volta de 250 persoas, entre traballadores do Naval, veciños e membros de colectivos cidadáns, asistiron a quinta feira da semana pasada á Casa do Concello para exixir a demisión do goberno local. Vivíronse momentos de gran tensión e o pleno tivo que se suspender. Axentes da Policía Local e concentrad@s resultaron ferid@s

Foto: @patri_hermida

Máis en OPINIÓN
Comentarios