Editorial Sermos288: A democracia informal española

rei
photo_camera Acción de protesta contra a monarquía en Girona

Unha democracia para ser tal, para ser tida como formal no contexto xeopolítico da Europa occidental, debe reunir uns requisitos mínimos. Se non os alcanza é outra cousa, un réxime con liberdades limitadas, mais non unha democracia en sentido estrito. Pois ben, a recente sentenza do Tribunal Europeu de Dereitos Humanos sobre "as inxerencias" das autoridades públicas españolas no exercicio da liberdade de expresión das cidadás e dos cidadáns pon de manifesto o déficit democrático sobre o que se asentou a segunda restauración borbónica, a que se produciu após a morte do ditador Franco.

O TEDH sentencia que a liberdade de expresión ampara a queima de imaxes do rei e condena o Estado a restituír as multas pagas por dous cidadáns cataláns. Como informa o Sermos dixital, cidadáns galegos foron condenados por idénticos motivos. Cáelle a carauta a un Estado español que durante anos contou coa cumplicidade da imprensa sistémica. É o mesmo Estado que encarcera rapeiros e secuestra libros. Un Estado que obxectivamente é un freo para as arelas de liberdade das persoas e dos pobos que nel están integrados.

Máis en OPINIÓN
Comentarios