Editorial Sermo298: Ausencia de Galiza na moción de censura

Congreso, abertura constitución da XII lexislatura.
photo_camera Un aspecto do Congreso

Con independencia do desenlace final da operación lanzada por Pedro Sánchez para desaloxar Mariano Raxoi da Moncloa, o que está claro é que todos os movimentos previos arredor da moción de censura veñen pór de manifesto algo que desde Sermos temos constatado en múltiples ocasións: a ausencia de Galiza no escenario da política estatal. É unha ausencia grave non só en termos políticos ou simbólicos, mais tamén económicos e materiais. Debería ser obxecto dun profundo debate social. Se non o é, é pola capacidade que ten o poder político do PPdeG no país para modelar a súa conveniencia a axenda dos meios con máis penetración na opinión pública.

Mais a realidade acaba rebordando calquera blindaxe mediática: mentres Catalunya e Euskadi están en primeira liña do debate -con voz e con voto decisivos-, Galiza non existe. Ninguén olla para ela e a verdade é que a representación galega no Congreso tampouco axuda grande cousa a visibilizar o país. Nada cabe agardar dos parlamentares das sucursais galegas de PP e PSOE e canto a En Marea, o certo é que Pablo Iglesias conta cos seus votos como se fosen da súa propiedade. 


 

Máis en OPINIÓN
Comentarios