AGE afirma que a Xunta adxudicou 11 millóns de euros "á trama corrupta do número 2 de Aguirre"

Alternativa Galega de Esquerdas denuncia que o Sergas adxudicou contratos a unha empresa “corazón da rede corrupta” destapada” na operación ‘Púnica’.

sanchez

“A Xunta de Núñez Feijóo adxudicou un importante contrato á empresa corazón da rede corrupta cuxa cabeza visíbel era o ex número dous do PP madrileño –Francisco Granados-, Cofely España, SL”. Esta é a denuncia que AGE fai por boca do seu deputado Antón Sánchez. Foron, sinala, 11 millóns de euros “consignados polo Sergas para “subministración enerxética prestacional e mantemento e conservación de edificios e instalacións de centros sanitarios, con inclusión de servizos de redacción de proxectos, dirección facultativa de obras e coordinación de seguridade e saúde (co-financiado pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013)”. O Diario Oficial de Galicia do 3 de setembro de 2013 recolle a adxudicación.

A ese concurso presentáronse tres empresas, sinala a Alternativa Galega de Esquerdas. “Unha vez máis, vemos como o Partido Popular de Galiza atópase mergullado no mesmo centro dunha trama corrupta”, afirma Sánchez, “igual que xa aconteceu coa Gürtel. E mentres, Feijóo mira para outro lado e non responde. Talvez porque sabe demasiado”. 

Máis en OPINIÓN
Comentarios