A administradora concursal negocia a venda de activos de Pescanova

A débeda da empresa, de 3.600 millóns de euros, é moi superior á constatada na auditoría de KPMG. Unha trintena de fondos de investimento mostraron interese pola pesqueira

Pescanova
photo_camera Pescanova

Hai tempo que auga sobrepasou o pescozo de Pescanova. Xa está na punta do fuciño. O informe elaborado pola administración concursal, Deloitte, pon negro sobre branco a situación da que fora empresa modelo para políticos e medios. Un ‘burato patrimonial’ de 1.600 millóns de euros (700 millóns máis que os que se recollían na auditoría forense feita por KPMG), unha débeda de 3.600 (un 12% máis do que se plasmaba nesa auditoría), declaracións de mil millóns de euros en vendas ficticias... Un escenario, así pois, difícil e preocupante.

Deloitte está a negociar a venda de activos de Pescanova. Serían activos que a administradora entende que non son precisos para garantir a continuidade da pesqueira, Mais vendelos axudaría, sosteñen, a reducir a gran débeda de Pescanova.

Interese

Neste sentido, un total de 28 fondos de investimento xa mostraron o seu interese en Pescanova, ben no grupo no seu conxunto ou ben en determinadas sociedades e filiais concretas. 

Máis en OPINIÓN
Comentarios