Editorial Sermos294: A greve xeral do 19X

Manifestación da CIG en Vigo Imaxe de GZcontrainfo
photo_camera Manifestación da CIG en Vigo [Foto: GZcontrainfo]

Este 1 de maio, en que se mobilizaron millares de galegas e galegos nas cidades e vilas do país, a CIG fixo un chamado á greve xeral convocada por esta central para o vindeiro 19 de xuño. Seguramente hai razóns máis que de abondo para a clase traballadora galega -que constitúe a grande maioría social do país- recorrer a un instrumento desta envergadura para patentizar a súa oposición ás políticas en curso -anti-sociais e centralistas- dos gobernos galego e español. Non se entende, en troca, que o apelo non teña tido, no mínimo até o de agora, ningún eco para as direccións galegas dos sindicatos estatais, excesivamente pendentes e dependentes das súas respectivas cúpulas centrais.

Para ter suceso, unha greve xeral require dun enorme esforzo de organización por parte da central convocante e tamén de complicidade social por parte do suxeito ao que se apela, as maiorías traballadoras do país. Precisa tamén de achegas desde a esfera política.  Cabe agardar que, no mínimo, cheguen todas as que se sitúan no campo do soberanismo e do progresismo. 


 

Máis en OPINIÓN
Comentarios