Os parados do naval vigués desde 2009 collidos da man formarían unha ringleira de 17 quilómetros

Neste lustro destruíronse no sector da comarca viguesa máis de 10.800 postos de traballo. Todos eles, en ringleira e collidos da man, suporían máis de 17 quilómetros. Unha cifra que podería se multiplicar se hai que devolver as axudas do 'tax-lease'. Esta quinta feira, o sector xógase boa parte do futuro en Bruxelas, na reunión co comisario da Competencia. 

O naval volveu ás rúas na defensa do emprego

Esta quinta-feira, a partires das 20:00 horas e desde a Praza dos Cabalos de Vigo unha mobilización convocada polos sindicatos en defensa do naval, e que ten o apoio de numerosos colectivos e orgalizacións, entre elas o Consello Social da cidade. Nesta quinta, tamén, representantes de Galiza, Asturies, Euskadi e goberno central están en Bruxelas para se reunir co comisario de Competencia e tentar paralizar a devolución das axudas do 'tax-lease'. Unha 

Desde 2009, o naval vigués perdeu 10.800 empregos. O que supón, nestes catro anos, unha media de oito postos de traballo diarios perdidos."Hai cinco anos, o naval representaba o 30% do PIB da comarca de Vigo. Agora non chega ao 20, e baixando", apuntan desde os sindicatos. "Poucos sectores hai que sofreran un golpe tan forte neste lustro. Golpe ao que engadir os recibidos xa en anteriores reconversións",.

Un total de 10.800 traballadores do naval da comarca de Vigo perderon o seu emprego nestes últimos catro anos. Se todos eles se xuntasen e se collesen da man nunha ringleira, formarían unha longa fila de máis de 17 quilómetros de lonxitude.

Unha distancia como a que hai do Areal de Vigo até a porta do Concello de Nigrán, pasando por Beiramar, a estrada de Camposantos, as avenidas Pablo Iglesias e Val Miñor...Dazasete quilómetros de beirarrúas cheas de milleiros de rostos con nome e apelidos. 

Extraído de 'Bruxelas: un torpedo na liña de flotación do naval galego', publicado no Sermos Galiza número 54

Máis en OPINIÓN
Comentarios