Primeiros pasos na lectura cos Caracois

Para quen estiver a aprender a ler nada mellor que ter os caracois de acompañamento neses primeiros pasos cos libros. Oqo e a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo botan a andar ContoQontigo, obradoiro para quen ansiar saber ler.

 

Caracois-lectura
photo_camera Caracois-lectura

Dirixido a 500 escolares da provincia de Lugo, ContoQontigo é un obradoiro plástico-audiovisual criado coas historias dos caracois como fundo. A actividade celebrarase do 8 de maio ata o 8 de xuño a través de 35 obradoiros criativos que queren achegar nenos e nenas á lectura dun modo lúdico e amábel.

Con mandís de Caracol, Caracola, Vermiño ou Formiga -os protagonistas dos contos- ascrianzas desenvolven a aprendizaxe divertida que non é só de letras e palabras, mais de achegamento á natureza, descuberta de valores como a tenrura, coñecemento da relevancia da amizade ou encontro con cores, texturas e imaxes. Para quen estiver a aprender a ler, entre os 4 ou 5 anos, unha maneira de gozar co achegamento aos libros, coa axuda dos coridos Caracois.

Máis en Okapi no Courel
Comentarios