Os debuxos teñen que facerse en cartulinas, os contos e poemas en páxinas diferentes. Nenos e nenas terán que entregar os seus traballos nas Direccións dos Centros de Ensino e daí irán á Asociación Xermolos de Guitiriz, ben por correo postal, ben por correo electrónico.
Os premios dividiranse entre os traballos pertencentes á Terra Chá e os doutros centros escolares de Galiza. Segundo os ciclos e as especialidades, os premios serán o primeiro de 60 euros, o segundo de 50 e 30 o terceiro en libros e CD´s. O prazo de entrega será o 31 de maio de 2012 e os premios serán entregados o 5 de agosto no Festival de Pardiñas.
Xornalismo de calidade e en galego, sen ti, sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.