O suplemento 'Producir' afonda no estado do debate do financiamento

Un artigo de Xabier Grandío Araujo sobre a falta de autonomía financeira da Galiza como eiva estrutural abre o caderno centrado na economía que atoparás nas páxinas centrais do teu Nós Diario.
 

 

 

Xuntanza do Consello de Política Económica e Fiscal en Madrid. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Xuntanza do Consello de Política Económica e Fiscal en Madrid. (Foto: Nós Diario)

É habitual afirmar que o Estado das Autonomías ten máis de descentralización administrativa que de autonomía. Xestionar servizos públicos esenciais como a sanidade, o ensino ou as políticas sociais non exclúe que Galicia sexa un país sen autonomía financeira real.  

Galicia pertence ao grupo de Comunidades Autónomas (CCAA) de réxime común no financiamento, todas agás Euskadi e Nafarroa. As Illas Canarias, Ceuta e Melilla teñen particularidades no referente ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), pero seguen as regras aplicables ao resto de Estado.

Que significa ser unha comunidade de réxime común? Que é a Axencia Tributaria (AEAT), un organismo estatal, quen recada os impostos e, posteriormente, distribúe os ingresos segundo o criterio do Goberno de España. Este sistema fai que sexan órganos estatais os que decidan canto, como e cando se transfiren os cartos ás CCAA, aínda que teñan que seguir os baremos ditados pola Lei Orgánica de Financiamento das Comunidades Autónomas (Lofca).

O problema para Galicia, con este sistema de financiamento, é duplo. En primeiro lugar, a falta de capacidade recadatoria, que crea tensións de tesourería; un exemplo é que a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), dependente da Xunta de Galicia, recadou en 2018 un total de 637,3 millóns de euros en impostos propios e cedidos, mentres que a AEAT recadou no mesmo exercicio no noso territorio 7.043,9 millóns. 

(Podes ler o artigo íntegro de 'O estado do debate do financiamento'  no suplemento Producir, no teu Nós Diario de hoxe (e de todos os sábados), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja)

Neste número, ademais, reflexionamos sobre a "Unha proposta de socialización da auga, o sol e o vento"; María do Carme García-Negro e o enxeñeiro agrícola Xosé Carballido deixan as súas opinións nas seccións 'Forza motriz' e 'Pé a terra', e José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural Galega, protagoniza o 'selfie' desta semana.

Suplementos diarios de carácter temático

Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

Máis en Nós Diario
Comentarios