Nós Diario colle forma

Nós Diario colle forma

Queres coñecer as principais liñas de deseño gráfico e xornalísticas de Nós Diario? Poñemos a disposición das lectoras e lectores, en aberto, a publicación promocional sobre o novo diario en papel, que comezará a editarse de terzas feiras a sábado a partir do 2 de xaneiro de 2020.

Sermos Galiza S.A. avanza cara á saída de Nós Diario, cuxos números cero verán a luz a finais deste ano e cuxa saída periódica, de terzas feiras a sábado, comezará o 2 de xaneiro de 2020. O grafista Pepe Barro, un dos máximos referentes do deseño, ultima os flocos das maquetas do diario en galego.

Ábrese a descarga da publicación promocional -que viu a luz durante a presentación das principais características do diario o 4 de maio de 2019 en Compostela- para que as lectoras e lectores dispoñan de máis información sobre o proxecto. Unha publicación da que se editaron 10.000 copias e que está practicamente esgotada. Nas doce páxinas recóllese parte do deseño de Barro, que explica o espírito da forma que presentará Nós Diario, así como a grafía da cabeceira. Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza; Margarita Ledo, catedrática de Comunicación Audiovisual, e María Obelleiro, directora de Sermos Galiza, son tamén autoras dos textos deste especial, que xa lles fora entregado ás subscritoras e subscritores.

O paso necesario

Sermos Galiza, S.A. marcou en 3.000 as presubscricións mínimas para garantir a estabilidade financeira precisa que permitiría manter a edición do diario. Tras unha longa viaxe por distintos puntos da Galiza para socializar o proxecto, lográronse. Mais Sermos Galiza S.A. anima a aumentar os apoios para facer de Nós Diario un xornal forte, de calidade e aberto a todas e todos os que apostan no desenvolvemento económico, social e cultural do país.

O apoio económico é a mellor maneira de afortalar as bases para poder ofrecer un xornalismo de calidade. Nesta ligazón recóllense as distintas modalidades de subscrición.

Podes descargar a publicación especial se pinchas aquí.

Nós Diario colle forma

Nós Diario colle forma

Subscrición

Contacta connosco para ter máis información

Máis

Comentarios