Gozando coas andoriñas

Contamos con aves, como elementos da paisaxe, tan cotiás que nin sequera reparamos nelas. Este artigo de Alfredo López é unha das propostas que inclúe 'Gozar', o suplemento de Nós Diario para o deporte que se publica as quintas feiras. 
 
Nas áreas urbanas e periurbanas podemos observar facilmente os cirrios e as anduriñas
photo_camera Nas áreas urbanas e periurbanas podemos observar facilmente os cirrios e as anduriñas

A condición humana é indivisíbel da natural. Humanidade e natureza son a mesma cousa, por moito que acotío o pretendamos ocultar. O primeiro impulso lévanos á natureza como fonte de lecer, converténdoa no destino ideal de moitas viaxes. É por iso que nestes pasados meses de confinamento, a nosa mente evocou aqueles lugares que tiñamos gravados na memoria.

Nestes días, a natureza foi mesmo procurada e desexada. Os prismáticos foron bos aliados e, para algúns, unha ferramenta de recente descuberta. Ademais, semellaba que estaba en expansión, tanto que até os medios de comunicación deron novas de animais e plantas que campaban ás súas anchas por lugares habituais ou non. Porén, a conclusión dos entendidos foi que a necesidade de percibir a natureza provocou unha sensación de hiperactividade exterior, era a nosa propia mente a que corría polas rúas e corredoiras baleiras. Case todo nos pasaba por diante da xanela, faino habitualmente, mais non estamos alí, para comprobalo.

Así foi como en moitas persoas se desenvolveu unha capacidade de observación oculta, unha capacidade de valoración do cotián non ensaiada até o momento. Puxéronse en marcha concursos, catálogos e entradas nas redes sociais en que se enumeraban as especies observadas, sobre todo de aves. Mesmo se reparou en moitos detalles etolóxicos habituais que, se ben estaban xa descritos, non percibiramos antes.

Primavera e andoriña

E nisto, rebentou a primavera. E con ela chegaron aves que fican entre nós até finais do verán, formando parte da propia paisaxe. Este é o escenario que se nos abre, quizais con menos posibilidades de viaxes, mais co goce de manter esa capacidade de observación detallada que ensaiamos estas semanas. Así que falaremos dalgunhas aves das que gozar na, recentemente denominada, observación doméstica ou cotiá.

(Podes ler o artigo íntegro de 'Gozando coas anduriñas' no suplemento Gozar, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as quintas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja)

Neste número, ademais, Antonio Portela escribe sobre os viños do Morrazo, Eva Cameán e Manuel Gago deixan as súas opinións nas seccións 'tesouros' e 'a mesa inocente' e a xornalista Carolina Regueira protagoniza o 'selfie' desta semana.

Suplementos diarios de carácter temático

Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

Máis en Nós Diario
Comentarios