Crepusculario da biodiversidade

'Crepusculario da biodiversidade' é unha das propostas que inclúe 'Aprender', o suplemento de Nós Diario para a ciencia e a divulgación que se publica as cuartas feiras. 
James Lovelock, pioneiro na conciencia medioambiental Foto Nós Diario
photo_camera James Lovelock, pioneiro na conciencia medioambiental (Miguel Muñiz / SiNC).

Non estamos destruíndo o planeta: hai especies que sacarán partido do quecemento global. Estamos, iso si, condenando os nosos netos. "Polos seus ollos abertos na terra, verei nos teus bágoas un día", escribiu Neruda. 

A vida atopou unha infinidade de camiños para realizarse. O número de especies animais e vexetais ascende hoxe a perto de dez millóns, das que unha cuarta parte vive nos mares. A amplitude de formas de vida abre unha pregunta interesante: foi a presión evolutiva ditada polo clima e o medio ambiente a causa da biodiversidade ou talvez evolucionaron xuntas e en interrelación a vida e o substrato material que esta lle ofrece ao planeta? James Lovelock inclinouse pola segunda e formulou hai medio século a "hipótese Gaia": a vida non é un suxeito pasivo nun escenario predeterminado. 

A biodiversidade contribúe á estabilidade da temperatura global, á salinidade dos océanos, ao nivel de osíxeno na atmosfera e a outros factores de habitabilidade, nunha sorte de homeostase planetaria. O vivo e a súa contorna evolucionan á vez, afectándose mutuamente, nun equilibrio que non é necesariamente estábel: unha alteración importante pode sacar o sistema completo do seu precario equilibrio. Un bo exemplo diso tivo lugar hai 2.500 millóns de anos cando a poboación de cianobacterias —algas verdeazuladas capaces de realizar fotosíntese— creceu desaforadamente, inxectando toneladas de osíxeno na atmosfera. As condicións da contorna cambiaron radicalmente, unha catástrofe climática na que houbo damnificados e beneficiados. Entre estes últimos están os nosos devanceiros, que desenvolveron o mecanismo da respiración e puideron aproveitar os novos aires".

(Podes ler o artigo íntegro de'Crepusculario da biodiversidadeno suplemento Aprender, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as cuartas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja)

Neste número, ademais, Manuel Soto ofrécenos 'Educación Ambiental' chéganos á Ribeira Sacra, as reflexións de Martin Pawley e Edita de Lorenzo, así como unha entrevista con Patricia Varela, presidenta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Suplementos diarios de carácter temático

Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

Trátase de suplementos temáticos de catro páxinas a cor, deseñados por Pepe Barro, un dos máis destacados grafistas da Galiza, que incorporarán máis voces especialistas nos diferentes campos que integra cada unha destas publicacións,.

Máis en Nós Diario
Comentarios