O Carme: 'savoir-faire' ecolóxico e bimilenario no centro de Lugo

Ás veces, mirando cara a atrás, atopamos chaves para o futuro. No barrio do Carme (Lugo) temos un exemplo de como o pasado pode axudar a construír mellores cidades para o novo mundo. 
Artigo Gozar alberte
photo_camera Podes ler o artigo 'O Carme: 'savoir-faire' ecolóxico e bimilenario no centro de Lugo' no teu caderno 'Gozar' de hoxe

Despois dun lustro traballando como guía e case vinte anos no sector do turismo, acumúlanse centos de recordos e intercambios culturais. E dígoo sempre: ningún lugar de Lugo sorprende tanto -quizais polo factor sorpresa- como o barrio do Carme. Nin a Muralla nin a Catedral nin o Miño. Ningún espazo da cidade abre tanto os ollos dos visitantes como ese recuncho libertario e rural encaixonado entre a Muralla e a beira do Miño.

Por que un barrio coma este pode aínda existir no século XXI nunha cidade de case 100.000 habitantes? O recentemente publicado libro de Ramón Cabarcos (O Carme, 1969) titulado O barrio do Carme de Lugo, evolución histórica e urbanística dános moitas pistas. Anotade na lista de lecturas recomendadas.

Que ten de especial O Carme?

Ademais das xa mencionadas características únicas de ser un barrio totalmente rural en pleno centro dunha cidade bimilenaria e capital, o barrio do Carme conta con atractivos históricos e naturais de primeira tanto a nivel lucense como a nivel galego e internacional: é o barrio da saída cara a Compostela do Camiño Primitivo en Lugo, tamén da Vía Romana XIX, da Vía Künig (a que percorreu o famoso monxe alemán no século XV), o barrio de nacemento do patrón de Lugo, San Froilán, nese mesmo século IX en que o rei Alfonso “O Casto” se convertía no primeiro peregrino a Santiago da historia... e ademais é un barrio de intensa riqueza natural. 

Sendo parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño, no Carme nace un afluente do propio Miño, e destacan no barrio a cantidade de especies de flora e fauna que o habitan. 

Non son motivos abondo? 

(Podes ler o artigo íntegro de 'O Carme: 'savoir-faire' ecolóxico e bimilenario no centro de Lugo'  no suplemento Gozar, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as quintas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja)

Neste número, ademais, Anxo Fole escribe sobre o espectacular queixo de San Simón;  María Lafuente eo sumiller Xosé Gontá deixan as súas opinións nas seccións 'Tesouros' e 'Picheles cheos', e Elena Estévez Del Rio, presidenta da Asociación de Furancheiros de Moaña, protagoniza o 'selfie' desta semana.

Suplementos diarios de carácter temático

Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

Máis en Nós Diario
Comentarios