Vidal Quadras abandona o PP para pasar a Vox de Ortega Lara

Despois de trinta anos de militancia no PP, Alejo Vidal Quadras o que fora deputado e ex-presidente do partido de Mariano Rajoy en Catalunya vén de comunicar que abandona o partido. Vidal Quadras se integrará en Vox, o partido creado polo ex-funcionario de prisións José Antonio Ortega Lara. 

Vidal Quadras
photo_camera Vidal Quadras

As diferencias coa dirección do PP levaron finalmente a que Alejo Vidal Quadras abandone o partido para formar parte da organización de nova creación Vox, promovido por José Antonio Ortega Lara. 

Vidal Quadras comunicou ao presidente do partido, Mariano Rajoy Brey a súa decisión a través dunha carta na que critica “o aumento brutal de impostos, o reparto de vocalías no poder xudicial e o continuismo na negociación con ETA e a ausencia de democracia interna” e, de maneira especial, a postura ao respecto do proceso soberanista catalán, ao seu ver, nada contundente. “Non me sinto capaz de dixerir que se proclame que o estado das autonomías foi un éxito e que ofreza aos separatistas cataláns, que xa fixaron o día e a pregunta para a liquidación de España como nación, diálogo sen data de caducidade”, di na carta na que lamenta que teñan a iniciativa, os “impulsores da desaparición da nosa gran nación, os que utilizaron a bomba ou a pistola e os que recorreron á reinvención do pasado e o envelenamento do presente”. 

Máis en Mundo
Comentarios