Uruguai legaliza o autocultivo da marihuana

O goberno do presidente José Múgica impulsou a legalización do autocultivo da marihuana como mellor ferramenta na loita contra o narcotráfico. Converte así a Uruguai en país pioneiro na legalización do cultivo para o consumo, baixo control estatal. 

José Mújica, presidente de Uruguay
photo_camera José Mújica, presidente de Uruguay

Despois dunha longa xornada de debate o Senado do Uruguai, con 16 votos a favor e 13 en contra, elevou a categoría de lei a legalización da produción e da venda de marihuana e abre o camiño para a regularización estatal, unha medida pioneira no mundo. Dentro de 120 días a lei debe estar totalmente definida e redactada. A día de hoxe, coñécese que se permitirá o autoculivo de até seis plantas, cunha produción de 480 gramos ao ano para consumo persoal. 

O estado controlará o cultivo a través do rexistro das persoas nun banco de datos que permanecerá na privacidade. As farmacias disporán de licenzas oficiais para venderen o cannabis só ás persoas maiores de idade e con residencia oficial no país. Para rematar co mercado negro pénsase nun prezo competitivo de un dólar por gramo. Non está decidido a variedade de cannabis que se porá a venda pública, nin o xeito en que se van outorgar as licenzas para cultivar e comercializar.

“Cultivando a liberdade Uruguai crece” foi a consigna que mantiveron na rúa desde as 10. 30 da mañá até as 23 horas unhas dúas mil persoas que agardaban diante do senado en Montevideo para unha celebración que se levou ao centro da cidade.

O presidente do Uruguai polo Fronte Amplo, José Múgica, defendera no inicio do debate hai catro meses a legalización era a máis acaída medida para vencer o narcotráfico. “O problema non é que a xente fume marihuana senón o negocio que hai detrás e que rompeu os vellos códigos da delincuencia. O narcotráfico fixo aparecer no noso país os sicarios, os que matan por encargo e esa é a barbaridade, moito peor que a droga” sinalou, antes de garantir a regulación por parte do Estado do mercado das drogas legais.

Máis en Mundo
Comentarios