As tropas da OTAN ocuparán varios puntos en Polonia para presionar a Rusia

O diario 'The Washington Post' desvelou que a OTAN prepara un intenso despregamento de forzas en Polonia como medida de presión cara Putin e os rebeldes ucraínos.

tropas
photo_camera Tropas da OTAN

Segue a crecer a tensión entre Estados Unidos e Rusia cos conflitos de Ucraína como motor. O escenario subirá un novo chanzo unha vez que EUA e Polonia anuncien a vindeira semana o despregamento de forzas estadounidenses e outras da OTAN en territorio polaco, así como noutros puntos de Europa Central e Oriental, como clara ameaza cara Rusia e os propios rebeldes ucraínos.

A información foi publicada polo diario 'The Washington Post' e confirmada despois polo ministro de Defensa de Polonia, Tomasz Siemoniak. Pola súa parte, o secretario de Defensa de EUA, Chuck Hagel, tamén recoñeceu a manobra do seu Exército se ben evitou deitar máis datos concretos. 

"Seguimos buscando formas de tranquilizar aos aliados da OTAN do noso firme compromiso coa defensa colectiva, en virtude del Artigo 5 do Tratado", sinalou o portavoz do Departamento de Defensa do Goberno de Obama, John Kirby. "Por iso, estamos considerando unha serie de medidas adicionais para reforzar a preparación aérea, marítima e terrestre en Europa. Algunhas desas actividades serán de forma bilateral con países da OTAN ou desenvolvidos pola propia Alianza", engadiu.

Máis en Mundo
Comentarios