Toda a oposición recorre a Lei de Linguas do PP en Aragón

A normativa que aprobou a dereita mesmo lle nega o seu nome a catalán e aragonés para lles chamar cos acrónimos Lapao e Lapapip.

Manifestación en Aragón
photo_camera Manifestación en Aragón

Sesenta e tres deputad@s de PSOE, IU-ICV-CHA, CiU e ERC presentaron ante o Tribunal Constitucional (TC) un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Linguas da comunidade de Aragón que entrou en vigor o pasado maio, ao entender que “vulnera dereitos lingüísticos fundamentais dos cidadáns”.

As Cortes de Aragón derrogaron a Lei de Linguas do ano 2009, que recoñecía o castelán, o catalán e o aragonés, e aprobaron esta nova Lei 3/2013 de uso, protección e promoción das linguas e modalidades lingüísticas de Aragón -apoiada por PP e PAR, e rexeitada por PSOE,CHA E IU- que rebautiza o catalán que se fala na rexión de A Franxa como Lingua Aragonesa Propia do Aragón Oriental (LAPAO), e o aragonés como Lingua Aragonesa Propia das áreas Pirenaica e Prepirenaica (LAPAPIP).

Segundo Chesús Yuste, deputado da Chunta Aragonesista (CHA) “aragonés e o catalán son dúas linguas milenarias que son propias de Aragón e que temos a obriga de conservar, protexer e defender”. Ademais, insistiu en que se trata “dunha vulneración da Constitución, o Estatuto de Aragón e de documentos Internacionais que son xa ordenamientos xurídicos en España”.

Pola súa parte, Adolfo Barrena, de IU, cualificou a Lei de Linguas aprobada polo PP “de acto colonialista para parte dunha dereita rancia que non quere recoñecer o Estado plurinacional”.

Máis en Mundo
Comentarios