Tiro de graza ao pequeno comercio: liberalización horaria e rebaixas todo o ano

O Goberno español aprobou un real decreto lei que suprimirá as limitacións de horarios, elevará até 16 os domingos ou feriados que poderán abrir os comercios e permitirá ofrecer rebaixas durante todo o ano

Un aceno ás grandes superficies e un tiro na testa ao pequeno comercio. Iso supón a aprobación dun real decreto lei de medidas liberalizadoras do comercio que quitou adiante esta sexta do Consello de Ministros e que suprimirá as limitacións de horarios, elevará até 16 os domingos ou feriados que poderán abrir os comercios e permitirá ofrecer rebaixas durante todo o ano.

O Goberno español selou estoutra medida canda a subida do IVE, que afectará en gran medida ao consumo. Preténdese con estas medidas aforrar 65mil millóns de euros en dous anos e medio, e tómanse seguindo as recomendacións da troika. "Non podemos escoller", dixo Mariano Rajoy ao anunciar os recortes, evidenciando a supeditación do estado ao ditame dos mercados.

A liberalización horaria é unha medida moi criticada polo pequeno e mediano comercio e polos sindicatos, mentres as grandes superificies aplauden a decisión, pois conqueriro ao fin unha reivindicación histórica. Así, os primeiros non poderán competir coas grandes cadeas, e os segundos quéixanse das exixencias laborais que se impoñen nas pequenas empresas nese marco competitivo. Até o de agora, a Lei de Ordenación do Comercio (1996) limitaba o periodo de rebaixas, podendo ofrecelas unicamente dúas veces ao ano e por un periodo máximo de dous meses.

Máis en Mundo
Comentarios