Témese que o tifón “Haiyan” teña provocado xa 10.000 mortes en Filipinas

A ONU está a solicitar axuda para millóns de persoas afectadas por un tifón que pode ter provocado xa dez mil mortes en Filipinas. 

Tocloban
photo_camera Tocloban

A confirmación oficial do número de persoas falecidas tardará en saberse mais os organismos internacionais valoran xa a cifra de 10.000 mortes no seu paso por Filipinas convertendo o país nun inmenso escenario de traxedia. O tifón diríxese agora ao Vietnam onde xa se están a facer evacuacións, mentres China decretou alerta amarela. 

A ONU puxo a atención en cidades como Taclobán, provincia de Leyte, que foi arrasadas en arredor dun 80% deixando sen domicilio a milleiros de persoas nunha situación que o organismo internacional define como de “devastación”. O dato de estimación das 10.000 mortes refírese só á illa de Leyte, onde o tifón arrasou con ventos e inundacións. Máis de medio millón de persoas se atopan en centros de evacuación en máis da metade das provincias de Filipinas. 

Toclobán, centro dos efectos do tifón, atópase nun estado de destrución case total, coas estradas cortadas e centos de mortos polas rúas, despois de que o tifón con rachas superiores 300 quilómetros por hora azotara esta cidade costeira e as inundacións provocaran o desastre mortal. Fortes ondas e unha subida inmediata da maré como se dun tsunami se tratara pode ser a razón da maior parte das mortes. A desesperación prende nas rúas de Toclobán cidade que, a tal hora, carece de comida, auga e electricidade e na que os saqueos xeralizados contribúen a incrementar o horror. 

Tamén na Samar, próxima a Leyte, se estima a existencia duns 300 cadáveres e 2.000 desaparecidos. 

Máis en Mundo
Comentarios