Syriza non descarta a convocatoria dun referendo sobre a permanencia no euro

O Goberno grego de esquerdas critica as decisións do Banco Central Europeo e o ministro Varoufakis abre a porta a un plebiscito sobre a adhesión de Grecia á moeda única. 

photo_camera Eleccións gregas.

O ministro de Economía grego, Yanis Varoufakis, indicou que Grecia podería poñer en marcha un referendo ou a convocatoria de novas eleccións se os seus socios europeos rexeitan os plans de reforma presentados polo Goberno de Atenas de Syriza. 

"(Se hai un rexeitamento) Podería haber problemas. Pero como di o meu primeiro ministro (Alexis Tsipras), aínda non estamos pegados ás nosas cadeiras. Poderiamos volver ás eleccións ou pedir un referendo", declarou ao 'Corriere Della Sera' italiano. 

Varoufakis fixo así alusión aos rumores sobre un posible plebiscito sobre a adhesión de Grecia aos tratados marco da UE e a posible saída do euro que diso podería derivarse. 

Ademais, tamén criticou ao Banco Central Europeo pola súa medida "disciplinaria", en palabras do ministro de Economía, de impedir a emisión de débeda a curto prazo, e solicitou á institución que compre débeda grega de xeito inmediato, e non este verán como prometeu.

Máis en Mundo
Comentarios