Sete palestinian@s mort@s en Gaza esta madrugada

Os ataques da forza aérea israelí continúan cos bombardeos na Faixa de Gaza. A cifra de vítima elévase a 84 cando levamos seis días de conflito

Neste sexto dia de conflito, a forza aérea de Israel continúa cos seus bombardeos na Faixa de Gaza. Catro persoas, entre as que figuran unha crianza de cinco anos e unha muller, morreron nun primiero ataque de madrugada. Despois un segundo ataque deixou tres palestinianos sen vida nun dos ataques máis duros desde que comezaron os bombardeos nesta zona. As vítimas mortais de hoxe elevan a 84 o número de palestinian@s mort@s desde o início desta ofensiva israelita.

Onte foi o día máis violento desde que Israel decidiu bombardear a Faixa de Gaza. Segundo algunhas axencias unhas 29 persoas morreron nunha mesma xornada, entre elas unha familia de once membros, con catro crianzas entre as vítimas.

O BNG convocou para hoxe mesmo concentracións en todas as cidades galegas ás 20 horas. No Consello Nacional celebrado esta fin de semana a formación nacionalista chamou á cidadanía "a manifestarse contra estas agresións e en defensa do que é xusto: o Estado palestino". 

Máis en Mundo
Comentarios