A recuperación de cadáveres eleva por riba do milleiro as vítimas dos ataques de Israel

Vinte membros dunha mesma familia foron, dous minutos antes de que comezase a tregua, as últimas vítimas palestinas após os bombardeos indiscriminados de Israel.

palestina
photo_camera Concentración a prol de Palestina

A recuperación de polo menos 81 cadáveres de entre os escombros na Franxa de Gaza elevou por encima do milleiro o número de palestin@s mort@s durante a ofensiva militar israelí, segundo un novo balance do Ministerio de Sanidade gazací recollido polo diario 'Haaretz'.

A procura de corpos intensificouse desde o sábado pola mañá en Gaza aproveitando a tregua de doce horas que pactaron manter Hamás e o Goberno de Benjamin Netanyahu, vixente desde as oito da mañá.

Fontes médicas palestinas advertiron de que o Exército israelí bombardeó Gaza até dous minutos antes da entrada en vigor da tregua. Nun dos últimos ataques, ocorrido en Jan Yunis, perderon a vida 20 membros dunha mesma familia.

Máis en Mundo
Comentarios