DIANTE DA ONU

Raúl Castro apunta ao embargo como “o principal obstáculo” para o desenvolvemento de Cuba

Máis unha vez, o presidente cubano, Raúl Castro, puxo de manifesto que o embargo ao que os EUA someten Cuba é a principal traba para o desenvolvemento do país caribeño. Para Castro, o restabelecemento das relacións entre ambos os países é un avance, mais advirte de que é preciso levantar o bloqueo.

Saúdo entre Castro e Obama (Foto: CubaDebate)
photo_camera Saúdo entre Castro e Obama (Foto: CubaDebate)

Na súa intervención durante o cumio do foro desenvolvemento sustentábel, no Cumio da Axenda pos-2015 da ONU, que se celebra hoxe en Nova York, Raúl Castro advertiu de que o bloqueo estadounidense é a principal traba para Cuba, pois continúa a prexudicar os intereses do pobo.

Castro, que volveu solicitar o levantamento do bloqueo dos EUA a Cuba, lembrou que xa máis de 180 países se pronunciaron contra o bloqueo.

Pola outra banda, o presidente cubano solicitou unha mudanza da orde económica internacional para evitar as altas cifras de mortalidade nos países do sur. A inestabilidade en destacadas rexións ten a súa raíz, sinalou, na situación de subdesenvolvemento na que viven dous terzos da poboación mundial.

“Estamos aínda moi lonxe de contar cunha verdadeira asociación mundial para o desenvolvemento”, porque a brecha entre o norte e o sur e a polarización das riquezas increméntase máis de cada vez, concluíu o mandatario cubano, que cualificou de “insuficientes” os avances dos últimos 15 anos.

Máis en Mundo
Comentarios