Na súa intervención durante o cumio do foro desenvolvemento sustentábel, no Cumio da Axenda pos-2015 da ONU, que se celebra hoxe en Nova York, Raúl Castro advertiu de que o bloqueo estadounidense é a principal traba para Cuba, pois continúa a prexudicar os intereses do pobo.
Castro, que volveu solicitar o levantamento do bloqueo dos EUA a Cuba, lembrou que xa máis de 180 países se pronunciaron contra o bloqueo.
Pola outra banda, o presidente cubano solicitou unha mudanza da orde económica internacional para evitar as altas cifras de mortalidade nos países do sur. A inestabilidade en destacadas rexións ten a súa raíz, sinalou, na situación de subdesenvolvemento na que viven dous terzos da poboación mundial.
“Estamos aínda moi lonxe de contar cunha verdadeira asociación mundial para o desenvolvemento”, porque a brecha entre o norte e o sur e a polarización das riquezas increméntase máis de cada vez, concluíu o mandatario cubano, que cualificou de “insuficientes” os avances dos últimos 15 anos.