Rajoy asegura que haberá 'moitas máis reformas'

Ao tempo que unha boa parte da cidadanía do Estado español olla para o fútbol, o presidente do goberno anuncia que 'imos facer máis'. Foi na Xunta Directiva Nacional que se celebrou onte en Sevilla.
Mariano Rajoy preside la Junta Directiva Nacional del PP

A vitoria da selección española de fútbol pareceu darlle ánimos ao goberno do PP. Cando aínda se celebraban os resultados da Eurocopa de fútbol en Madrid, en Sevilla Mariano Rajoy anunciaba “novas medidas” co obxecto prioritario de reducir o déficit. O efecto de desviar a atención dos problemas sociais seguiuno a maior parte da prensa estatal mais tamén a galega.

O efecto de desviar a atención dos problemas sociais seguiuno a maior parte da prensa estatal mais tamén a galega

 

“Fixemos moitas cousas, agora toca pisar o acelerador, imos facer moitas máis” asegurou un Rajoy eufórico. Nesta ocasión, outra vez, o dedo sinalou cara as Comunidades Autónomas como as que teñen que aportar máis ao xa grande saco sen fondo que semella ser a economía española.

 

Sen falar directamente de impostos si deixou caer que as novas cargas irían ou ben ao sector enerxético, que esta fin de semana xa sufriu unha importante suba, ou ben ao administrativo. E para rematar deixou unha mensaxe de “unidade” do seu partido e agradeceu o traballo “pedagóxico” coa sociedade para explicar as medidas que está a levar adiante.

Máis en Mundo
Comentarios