Rajoy aproveita a viaxe oficial da candidatura olímpica a Buenos Aires para xuntanzas do PP

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy aproveitou a viaxe oficial a Buenos Aires para defender a candidatura de Madrid aos xogos olímpicos para se reunir con afiliados e simpatizantes do PP. 

Rajoy
photo_camera Rajoy

Segundo informa o xornal dixital “Crónicas de la emigración”, o presidente do goberno, Mariano Rajoy xunto cos ministros Soria, Wert e García Margallo reuniuse o domingo pola mañá en Bos Aires con afiliados e simpatizantes do PP español en Arxentina. 

Acompañado tamén polo deputado por León e secretario do PP no exterior, Alfredo Prada, o presidente teríase reunido coa afiliación e simpatizantes na emigración unhas horas despois da derrota de Madrid na carreira por organizar os xogos olímpicos. 

Sen embargo, malia térenlle pedido con anterioridade unha reunión, Mariano Rajoy non aceptou o encontro con representantes da querela arxentina que se está a desenvolver contra os crimes franquistas. 

Máis en Mundo
Comentarios