mércores 15.07.2020

Rajoy aproba destinar máis de 35 millóns de euros a publicidade institucional

O Goberno español levará adiante 61 campañas informativas sobre as actuacións dos seus ministerios.

O Consello de Ministros do goberno español aprobou destinar máis de 35 millóns de euros a publicidade institucional, unha cifra coa que se sufragará a posta en marcha de 61 campañas institucionais, das que de las que 40 corresponden aos Ministerios de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente; Educación, Cultura e Deporte; e Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Curiosamente, os departamentos onde se están a dar as maiores “tesouradas”.

A vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, destacou que o Goberno espaol recortou máis dun 56% en comunicación institucional a respeito de exercicios anteriores.

comentarios