INTERNACIONAL

Rafael Correa afirma que está a ser espiado e ten intervidos teléfonos e correos

O presidente de Ecuador denuncia “unha operación internacional contra varios países de América do Sur” e abre unha investigación sobre a súa orixe.

Correa Ecuador
photo_camera Correa Ecuador

As contas de e-mail e os teléfonos de alt@s funcionari@s do goberno de Ecuador, mesmo o do presidente Rafael Correa, foron “hackeados con fins de espionaxe”, segundo denunciou o propio mandatario nunha entrevista con medios internacionais.

Correa sinalou que existe unha “operación internacional” encamiñada a espiar a varios países de América do Sur, como Arxentina, Venezuela, Colombia e Ecuador. Nese sentido, adiantou que as investigacións mantéñense para pescudar cales son os núcleos e nexos desas tarefas de vixilancia.

“Podo verificar, porque obtivemos a información, que todas as nosas contas de correo foron hackeadas, os nosos teléfonos intervidos. Pasounos esa información unha fonte que participou nas operacións, pero como eran núcleos diseminados, nin el mesmo sabe onde estaba o centro que dirixe”, afirmou Correa. Nos últimos meses foron coñecidos grandes programas de espionaxe de Estados Unidos e países da Unión Europea.

Máis en Mundo
Comentarios