POR PARTE DUN GRUPO "INSTRUMENTALIZADO POLAS ELITES"

Rafael Correa advirte dun posíbel “golpe de estado brando” no Ecuador

O presidente do Ecuador, Rafael Correa, vén de advertir dun posíbel “golpe de estado brando” no país logo dos estalidos de bombas panfletarias esta cuarta feira perto dos xornais El Telégrafo e El Universo.

Correa Ecuador
photo_camera Correa Ecuador

“Só lles queda a forza”, sinalou no día de hoxe Rafael Correa, presidente do Ecuador, en relación á desestabilización que está tratando de provocar no país a oposición despois do estalido de bombas panfletarias esta cuarta feira (29 de xullo) perto das sedes dos diarios El Telégrafo e El Universal. O presidente ecuatoriano vinculou os ataques aos diarios a un grupo “instrumentalizado pola dereita”.

O Goberno de Correa denuncia que a actual situación do Ecuador é promovida polas elites económicas, que viron diminuídas as súas ganancias polas medidas de redistribución social da riqueza en beneficio do pobo máis necesitado.

Nas últimas semanas, a dereita promoveu no país accións violentos contra as leis de Herdanza e Plusvalía, malia que Correa xa anunciara o retiro temporal deste proxecto de lei e apelara a un debate nacional ao respecto.

Máis en Mundo
Comentarios