LIBERAN 126 REFéNS

Al Qaeda mata arredor de 30 persoas en dous ataques en Burkina Faso

Uagadugú, capital de Burkina Faso, foi o escenario de dous atentados reivindicados por Al Qaeda que acabaron coa vida de arredor de 30 persoas e que deixaron outra trintena de persoas feridas. As forzas de seguridade liberaron 126 reféns do interior dun hotel.

Burkina fASO
photo_camera [Imaxe: RTVE]

Na noite da sexta feira, 15 de xaneiro, Al Qaeda perpetrou dous atentados en Uagadugú, capital de Burkina Faso, concretamente na cafetaría Capuccino e no hotel Splendid. Como resultado destes ataques morreron arredor de 30 persoas e hai un número semellante de persoas feridas.Na operación faleceron tres dos yihadistas.

Pola outra banda, até a mañá do sábado, terroristas atrincheirados mantiveron 126 reféns no interior do hotel, finalmente liberados logo da intevención das forzas de seguridade. Entre os reféns atopábase un ministro de Burkina Faso.

Al Qaeda do Magreb Islámico reivindicou os atentados e asegurou que tiveron lugar en “vinganza contra os incrédulos de Francia e o resto de Occidente”. Segundo un comunicado publicado por The New York Times, Al Qaeda diríxese aos “cristiáns, aos ocupantes das nosas terras, aos que saquean as nosas riquezas e aos que abusan da nosa seguridade”.

Máis en Mundo
Comentarios