venres 14/08/20
ATENTADOS EN PARíS

O presidente sirio acusa as potencias occidentais de contribuír ao terrorismo

O presidente de Siria, Bashar Al Asad, trasladoulle a unha reunión cunha delegación de parlamentares franceses que o pobo sirio leva sufrindo o horror do atentado múltiple vivido en París na noite da sexta feira, 13 de novembro, desde hai cinco anos.

[Imaxe: Wikipedia] Bashar_al-Assad
[Imaxe: Wikipedia] Bashar_al-Assad

En relación ao atentado múltiple do Estado Islámico en París, o presidente de Siria, Bashar al Asad, acusou as potencias occidentais de “contribuír á expansión do terrorismo”. “As políticas erróneas adoptadas polos países occidentais, especialmente por Francia, na rexión, contribuíron á expansión do terrorismo”, recolle a axencia oficial de noticias siria Sana.

"Os ataques terroristas de París non poden separarse do que se produciu a quinta feira, 12 de novembro, en Beirut"

Ademais, puxo de manifesto que o horror vivido polo pobo francés é o mesmo que leva sufrindo o pobo sirio desde hai cinco anos. “Os ataques terroristas de París non poden separarse do que se produciu a quinta feira, 12 de novembro, en Beirut –no que se rexistraron 44 persoas falecidas nun feudo de Hizbulá- ou dos que se producen en Siria desde hai cinco anos”, apuntou nunha reunión cun grupo de deputados franceses republicanos.

Neste contexto, al Asad exixiu a adopción de “novas políticas e medidas eficaces para deter o apoio loxístico e político aos terroristas”. Só así, apuntou, se logrará camiñar cara a extirpación do terrorismo.

comentarios