A presidenta do Círculo de empresarios tilda de "problema" contratar mulleres grávidas

Afirma que opta por contratar "mulleres maiores de 45 ou menores de 25". 

A presidenta do Círculo de empresarios, Mónica Oriol asegurou nunha mesa redonda organizada no marco da XXV Asemblea Plenaria do Consello Empresarial de América Latina desenvolvido en Madrid que prefire contratar mulleres que non poidan quedar grávidas porque "como queden embarazadas, temos un problema". 

As súas declaracións fixeron ferver as redes sociais e convertérona en Trending Topic (TT) na rede social Twitter. Oriol asegurou tamén que o "sacrificio" de calquera muller para chegar a un posto directivo pasa por "casar cun funcionario" ou ter un "home que goste moito dos nenos". 

A presidenta do Círculo de Empresarios advertiu que as súas ideas "non son politicamente correctas" mais veñen a se sumar a unha polémica anterior na que Oriol rexeitou a obriga de ter que "pagar un soldo" a traballador@s moz@s "aínda que non vallan". "Hai que lles dar un diñeiro que non producen" insistiu ao tempo que afirmou ser preciso "dar a xente desigual un trato desigual". 

Máis en Mundo
Comentarios