AS FAMILIAS NON TERáN ACCESO

Portugal crea o rexistro de acosadores sexuais de menores

O presidente portugués vén de promulgar unha controvertida lei para crear o rexistro de identificación de persoas condenadas por abusar sexualmente de menores.

Assembleia da República Portugal
photo_camera Assembleia da República Portugal

Segundo a web da Assembleia da República, o xefe do Estado, Aníbal Cavaco Silva, vén de promulgar a proposta do Goberno para crear o rexistro de identificación de persoas condenadas por abusar sexualmente de menores.

Esta lei aprobouse en votación final o pasado 3 de xullo só cos votos a favor do PSD e do CDS-PP. O resto dos grupos opuxéronse de maneira rotunda. Precisamente, no día da votación final, introduciuse unha emenda ao texto do Goberno para vetar o acceso das familias ás identidades dos condenados.

Segundo a lei, quen exerza responsabilidades parentais e teña fundamentos sobre un posíbel caso de abuso sexual contra o ou a menor teralle que pedir á policía que pescude os feitos, sen que en ningún momento poidan coñecer a identidade ou a localización da persoa incluída no citado rexistro.

Máis en Mundo
Comentarios