Porto Rico votou a favor da anexión aos Estados Unidos

Co 94,64% do voto escrutado a illa caribeña non confirma aínda o cambio de gobernador mais apunta a que o 61.23% prefire a opción da incorporación como outro estado máis dos EU.
Eleccións en porto Rico

Porto Rico non ten aínda decidido o seu futuro, co 94,64% dos votos escrutados, polo axustado do resultado entre o Partido Popular Demócrata de Alejandro García Padilla e o Partido Nuevo Progresista de Luis Fortuño. O cambio no goberno desta illa do Caribe, agora mesmo Estado Libre Asociado aos Estados Unidos, podería levar tamén consigo a mudanza na súa relación territorial cos EUA na votación paralela, non vinculante, que se realizou tamén na xornada de onte.

As cifras das eleccións xerais

A Comisión Estatal de Eleccións (CEE) aínda non confirmou que formación política gañou estas eleccións xerais e que optaban ao posto de gobernador. Segundo os datos facilitados esta mañá, cun 95,56% escrutado (1570 mesas electorais de 1643 existentes) recolléronse un total de 1.805.615 votos d@s 2.347.513 inscrit@s. As candidaturas máis votadas serian as de Alejandro García Padilla (PPD) con 863,783 votos (47.84%), Luis Fortuño (PNP) con 849,888 votos (47.07%), seguidos de Juan Dalmau Ramírez (PIP) con 45,508 votos (2.52%), Rafael Bernabe (PPT) con 17,194 votos (0.95%), Arturo Hernández (MUS) con 9,973 votos (0.55%), Rogelio Figueroa (PPR) con 6,268 votos (0.35%) e Outr@s con 13,001 votos (0.72%).

A Comisión Estatal de Eleccións (CEE) aínda non confirmou que formación política gañou estas eleccións xerais e que optaban ao posto de gobernador.

As cifras da opción territorial

Segundo datos facilitados pola Comisión Electoral de Porto Rico, co 94,64% dos votos escrutados, o 53.97% da poboación (920.991 persoas) non esta conforme coa actual relación territorial con Estados Unidos fronte aos que si o están, un total de 785,373 votos. Da porcentaxe que votou mudar a situación 791.486 votantes (o 61.23%) prefire a opción da incorporación como outro estado máis dos EU; o ELA soberano obtivo 429.881 votos (o 33.26%); e a a ndependencia conseguiu 71.210 votos (o 5.51%).

Máis en Mundo
Comentarios