The Guardian fai público un estudo no que revela que os mozos negros nos EUA teñen nove veces máis de posibilidades que outros de acabar asasinados a mans da policía.
Os homes afroamericanos de entre 15 e 34 anos representan o 2% do total de poboación dos EUA. Porén, a súa taxa de asasinatos a mans da policía foi cinco veces superior á dos homes brancos da mesma idade. De feito, os afroamericanos supoñen máis do 15% de todas as mortes rexistradas polo xornal. Trátase de cifras que os activistas sociais xa cualifican de “epidemia”.
Arredor do 25% de afroamericanos mortos estaban desarmados, en comparación co 17% de brancos
A investigación de The Guardian, que cifra en 1.134 o número de asasinatos cometidos polos axentes das forzas de seguridade en 2015, indica que arredor do 25% de afroamericanos mortos estaban desarmados, en comparación co 17% de brancos e xurdiu como resposta á preocupación xurdida após o fracaso da Administración Obama para estabelecer un rexistro oficial de persoas asasinadas pola policía.
Logo da morte de Michael Brown en Ferguson, Mussori, en agosto de 2014, os EUA acolleron multitude de protestos nos que se acusou aos axentes de non tremerlles a man á hora de matar afroamericanos desarmados.