mércores 27.05.2020
RELACIóNS EUA-CUBA

Que pasará coa Lei do Comercio co Inimigo para Cuba?

O secretario de Estado do goberno dos Estados Unidos, John Kerry, pronunciou na Habana un discurso no que salientou os esforzos do Executivo para tratar de lograr o levantamento do bloqueo. EUA pode demostrar que a súa proposta é seria e firme se non prorroga a Lei do Comercio co Inimigo.

kerry-en-la-habana-580x318
kerry-en-la-habana-580x318

“No somos ni enemigos ni rivales, somos vecinos”. Na súa recente visita á Habana, en español, para evitar modificacións na tradución, John Kerry trasladoulle ao pobo cubano os esforzos que realiza en aras de acabar co bloqueo. Cuba ve nas palabras de Kerry certa esperanza de cara á non prorrogación da Lei do Comercio co Inimigo.

Cómpre lembrar que en setembro de 2014, Barack Obama, presidente dos EUA, prorrogaba por un ano máis a Lei do Comercio co Inimigo, estendendo o bloqueo contra Cuba. A día de hoxe, Cuba é o único país para o que está vixente esta normativa, despois de que fora suspendida en 2008 para Corea do Norte. Anteriormente, a China ou o Vietnam tamén estiveron afectados por esta lei.

En setembro, Obama terá a oportunidade de non prorrogar a citada lexislación até 2016. O Goberno cubano vería na parálise desta lei unha política real dos EUA consecuente na liña de mellorar as relacións con Cuba.

comentarios