Francia e Portugal negan aterraxe ao avión de Evo Morales por sospeitar que nel viaxaba Snowden

O avión de Evo Morales tivo que aterrar de emerxencia en Viena despois de que Francia e Portugal lle negasen o acceso ao sospeitar que ía acompañado de  Edward Sonwden. O goberno de Bolivia denunciou “secuestro polo imperialismo”. 

Evo Morales (Foto: Europa Press).
photo_camera Evo Morales

O avión no que viaxaba Evo Morales tivo que aterrar de emerxencia tras tres horas e media de voo desde a súa saída a Moscú despois de que varios países europeos lle negasen a posibilidade de aterraxe. O presidente en exorcizo de Bolivia, Álvaro García Linera acusou a Estados Unidos de estar detrás do que chamou “primeiro secuestro do imperialismo” por impedirlle a Morales regresar a Bolivia. 

O avión de Morales viuse na obriga de aterrar en Viena ao lle ser negado o permiso de  aterrar en diversos países europeos á súa volta de Moscú onde p participou na cumpre do Foro de Países Exportadores de Gas. Álvaro García Linera denunciou que o impedimento de Evo foi “instruído polo goberno de EEUU. Potencias estranxeiras novamente maltratan e agreden como fai 500 anos, ao pobo boliviano e ao primeiro presidente indíxena”. O presidente en funcións de Bolivia definiu o episodio como “secuestro de Evo Morales en Europa” e acusou a Francia e Portugal de “submisión” co goberno americano. Algunhas fontes, entre elas a propia Wikileaks situaban a España entre os países que terían negado ao avión de Morales sobrevoaar o espazo aéreo. O canciller boliviano, David Choquehuanca, denunciou que se puxo en perigo a vida do presidente Morales e explicou que Francia e Portugal cancelaran os permisos para que o avión operara no seu territorio mentras que España deu permiso para realizar operacións nas Illas Canarias mais logo rexeitou a autorización. 

Distintos gobernos americanos denuncian a violación da Convención de 2004 e Tribunal da Haya ao reter ao presidente de Bolivia. Rafael Correa anunciou a convocatoria dunha xuntanza urxente de Unasur. 

O presidente de Bolivia declarou no propio aeroporto de Viena que non ía permitir que o seu avión fose rexistrado para comprobar se nel se atopaba Edward Snowden, reclamado polo goberno de Obama acusado de espionaxe aos servizos de intelixencia americanos. 

A prensa boliviana de onte recollía a noticia de que Morales estaba disposto a dar asilo a Snowden, acusado de espionaxe.

Máis en Mundo
Comentarios