INTERNACIONAL

Obama cancela a xuntanza con Putin para protestar polo asilo a Snowden

O presidente dos Estados Unidos quere procesar ao contratista que desvelou unha trama gobernamental de espionaxe masiva e para a súa captura chegou a interferir nunha viaxe oficial dun presidente como Evo Morales.

Snowden
photo_camera Snowden

Nun episodio que lembra ás intencións de dominio global da chamada Guerra Fría, o presidente de Estados Unidos, Barack Obama, cancelou a xuntanza que tiña prevista para o próximo mes de setembro en Moscú co presidente de Rusia, Vladimir Putin, segundo informaron fontes gobernamentais americanas. O Goberno dos EUA fíxoo tras reiterar a súa "decepción" coa decisión de Rusia de conceder asilo político temporal ao antigo contratista da Intelixencia estadounidense Edward Snowden, despois de que Estados Unidos reclamase a súa entrega para procesalo por cargos de espionaxe.

Snowden saltou á fama en xuño, cando revelou que a Axencia de Seguridade Nacional de Estados Unidos (NSA) posúe un programa co que accede aos servidores de nove empresas de Internet, co seu colaboracionismo, para solicitar información útil para a espionaxe masiva.

A busca de Snowden provocou episodios que foron cualificados de "imperialistas" como o secuestro temporal do avión oficial que transportaba a Evo Morales, presidente de Bolivia, por sospeitas de trasladaba ao disidente norteamericano.

Ademais do asilo temporal, Snowden tamén ten recibido unha oferta para traballar no Parlamento ruso.

Máis en Mundo