O xuíz suspende a declaración da filla do Borbón até que se pronuncie a Audiencia Provincial sobre recurso da fiscalía

O fiscal considera que “é discriminatorio” imputar á infanta Cristina “coas probas existentes”.

O Borbón con Urdangarín e a súa filla Cristina
photo_camera O Borbón con Urdangarín e a súa filla Cristina

José Castro, o xuíz instrutor do coñecido como Caso Urdangarin suspendeu a citación á infanta Cristina para o vindeiro 27 de abril. Unha suspensión que se prolongará até que se pronuncie a Audiencia Provincial sobre o recurso presentado polo fiscal de Baleares, Pedro Horrach.

O recurso consta de 20 folios e nel o fiscal considera que “é discriminatorio” imputar á infanta “coas probas existentes”.

O fiscal argumenta que o que se lle impugna a Cristina de Borbón son “esencialmente” os mesmos feitos “que expuxo a acusación popular para solicitar a imputación e que foron desestimados por inconsistentes tanto polo xuíz instrutor como pola Audiencia Provincial”.

Na mañá desta sexta coñecíase tamén que o propio Xefe de Estado puxérase en contacto cun dos Padres de la Constitución, Miquel Roca, para pedirlle que asumise a defensa legal da súa filla. 

Máis en Mundo
Comentarios