O soberanismo gaña as eleccións en Québec e sofre un atentado

Pauline Marois, candidata polo Parti Québécois, formará goberno. Un atentado na festa de celebracion remata cunha persoa morta e varias feridas.
Pauline Marois, candidata polo Parti Québécois no atentado

O Québec decidiu retomar a vía soberanista do PQ e apoiou a candidatura de Pauline Marois nas eleccións celebradas onte nese país. A estratexia de adianto electoral, provocado polas protestas estudiantís despois de que o goberno aumentara as matrículas universitarias, non lle serviu ao Partido Liberal para revalidar o seu goberno. A alta participación, do 74,31%, moito máis elevada que o 57% que tiveron as de 2008, axudou a que se producira o cambio electoral. O PQ acadou nesta ocasión 54 escanos (32%), fronte aos 50 escanos do Partido Liberal, PLQ (31%), e os 19 escanos do Coalition avenir Québec, CAQ (27,1%). Por primeira vez unha muller reclamará o título de primeira ministra aínda que goberne en minoría..

O atentado unionista causou un morto e varias persoas feridas

Atentado
No lugar de celebración da vitoria do PQ, o Métropolis de Montreal, un home armado realizou varios disparos e provocou un incendio ao berro de "os ingleses despertan" co resultado dunha morte e varias persoas feridas, segundo informan varios medios de comunicación de Québec. Pauline Marois tivo que suspender o seu discurso e pedir que @s asistentes regresaran ás súas casas. Pouco despois o PQ publicou na súa páxina web un comunicado no que afirman que "nunca unha sociedade como a nosa deixará a violencia ditar as súas eleccións colectivas. É pola voz democrática como un se ten que expresar, como os quebequeses puideron facer onte".

Máis en Mundo
Comentarios