O Rei recoñece contas bancarias en Suíza mais di que as pechou en 1995

A Casa Real asume que non pode demostrar que o Xefe de Estado pagou impostos pola herdanza do seu pai, pide que acabe xa a instrución do Caso Urdangarín e acusa a aqueles que apupan á familia do monarca de “falta de educación”.

A Casa Real tamén di ter a “convicción” de que El-Rei pagou no estado español os impostos correspondentes a esa herdanza, pero asume que non pode demostralo xa que non “hai papeis en Facenda” ao ter pasados vinte anos. 

Así mesmo, a contorna oficial do monarca volveu pronunciarse sobre a actuación dá Xustiza respecto ao Caso Urdangarín, cuxa instrución queren que se peche, posto que afirman que xa ocupou “moito tempo” e a cualifican de “martirio”. 

Por último, a Casa Real amosou nesta comunicación pouco respecto polas manifestacións na súa contra, posto que, segundo a súa versión, os que apupan á familia Borbón nos actos públicos “non preocupan pero si molestan pola súa falta de educación”. 

Máis en Mundo
Comentarios