O recorte na prestación por desemprego afectará ao 55% d@s parad@s


Fátima Báñez, ministra de Emprego e Seguridade Social, asegurou na Comisioón de Emprego do Congreso que as persoas que non accederán á renda activa de desemprego sumarán este ano "como moito" 68.000 persoas.

A ministra de Emprego e Seguridade Social compareceu hoxe diante da Comisión de Emprego do Congreso para xustificar os recortes do seu departamento. Aproveitou tamén para dicir que algúns medios de comunicación "lonxe de aportar información" crean confusión sobre este tema. O seu discurso non convenceu aos membros da oposición e todos os grupos parlamentarios, a excepción do PP, criticaron as medidas que adoptou estes días. A redución da prestación a partir do sétimo mes afectará ao 55% d@s parad@s, unha cifra non moi importante segundo a ministra. Na súa comparecencia tratou de lanzar unha mensaxe de tranquilidade e asegurou que os "máis de cinco millóns de cidadáns son a nosa principal preocupación".

Fátima Báñez: "Non serán máis de 68.000 persoas as que non accederán á renda activa de inserción"

As persoas que non accederán á renda activa de inserción, asegurou Fátima Báñez, non superarán as 68.000 persoas. A cantidade a percibir é unha axuda de 426 euros que reciben maiores de 45 anos sen dereito a prestación por desemprego e con ingresos inferiores a 481 euros.

Na oposición chovéronlle as críticas. Concha Gutierrez (PSOE), Emilio Olabarría (PNV), Uxue Barcos (Geroa Bai) e Sabino Cuadra (Amaiur) non compartiron a idea da ministra sobre estas medidas. As súas dúbidas cuestionaban a constitucionalidade da decisión e o resultado final da mesma.

Máis en Mundo
Comentarios