DEDADENCIA DA MONARQUÍA

O Congreso español tratará as cacerías de El-Rei en Botsuana

A maioría do PP vetou preguntas sobre o cambio constitucional ou "a vida privada" do xefe do estado.
El-Rei de España cazando animais
photo_camera El-Rei de España cazando animais

A Mesa do Congreso dos Deputados español aceptou a trámite tres preguntas relacionadas coa polémica viaxe de El-Rei a Botsuana a cazar elefantes en plena crise económica, da que regresou lesionado e en medio dunha polémica inédita.

A maioría do PP deu vía libre ás cuestións propostas por IU, ICV e ERC, porén vetou outras presentadas baixo o argumento de que aludían á “vida privada do monarca” ou a cambios constitucionais. Os grupos parlamentarios de esquerda consideran que non existe tal “vida privada” ao estaren sufragados todos os seus gastos polo erario público.

Máis en Mundo
Comentarios