BNG, Amaiur, Esquerra e Izquierda Plural marcharán do Congreso cando voten os recortes

Anuncian que se erguerán dos seus asentos cando Mariano Rajoy proceda coa ratificación do paquete de recortes que aprobou no último Consello de Ministros. Din que non queren ser "cómplices" da machetada aos dereitos sociais do pobo

O BNG non quere "ser cómplice" da votación no Congreso do último paquete de recortes que o Goberno español porá riba da mesa esta quinta para ser revalidado, após a súa aprobación no Consello de Ministros da pasada sexta feira.

Así as cousas, canda @s deputad@s nacionalistas --Olaia Fernández Dávila e Francisco Jorquera-- ergueranse tamén dos seus asentos @s sete da coalición Amaiur e @s tres de Esquerra Republicana. Tod@s integran o grupo mixto.

Non será a única crítica manifesta a machetada aos dereitos sociais asestada por Mariano Rajoy, e aplicada na Galiza co apoio da Xunta. Tamén @s once parlamentares de Izquierda Plural --IU-ICV-CHA--. Tampouco el@s tomarán parte na votación do decreto. Di o voceiro da coalición, Cayo Lara, que non queren seren "cómplices" dos recortes.

Máis en Mundo
Comentarios