MáIS DE 600 MORTOS NO QUE VAI DE ANO

Morren 18 persoas refuxiadas no mar Exeo

Cando menos 18 persoas refuxiadas afogaron a pasada noite logo do naufraxio dunha obsoleta embarcación na que viaxaban fronte ás costas turcas. En 2015 morreron máis de 600 persoas na ruta marítima entre Turquía e Grecia.

[Imaxe: ACNUR] refuxiados
photo_camera [Imaxe: ACNUR] refuxiados

O mar Exeo foi testemuña dun naufraxio a dúas millas náuticas das costas turcas. Así, na pasada noite, faleceron afogadas 18 persoas, entre elas crianzas, mentres que outras 14, de nacionalidade siria, iraquí e paquistaní, foron resgatadas e hospitalizadas por hipotermia. O estado das persoas superviventes é grave.

Trátase este dun novo naufraxio no que morren persoas refuxiadas que se dirixían a Grecia para poder entrar na UE. No que vai de ano, foron perto de 800.000 as persoas refuxiadas que chegaron a países membros da UE fuxindo dos conflitos ou da miseria. A meirande parte das persoas refuxiadas proceden de Siria, O Iraq e Afganistán, aínda que tamén hai persoas con nacionalidade africana.

Faleceron na ruta marítima entre Turquía e Grecia máis de 600 persoas, segundo datos da ONU e da Organización Internacional para as Migracións (OIM).

Máis en Mundo
Comentarios