Morre o ex axente libio condenado polo atentado de Lockerbie

Excarcerado hai tres anos ao ser diagnosticado de cancro, foi a única persoa sentenciada a cadea perpetua polos feitos acontecidos no Reino Unido en 1988

O ex axente de intelixencia libio Abdel Baset Al-Megrahi, único condenado polo atentado contra un avión en Lockerbie en 1988, morreu este domingo na súa casa de Trípoli vítima de cancro, segundo informaron fontes familiares e segundo publica a prensa internacional. Ao serlle diagnosticada a enfermidade saíu en liberdade, no ano 2009, da prisión de Greenock, en Inverclyde, onde cumpría a cadea perpetua á que fora condenado en 2001.

Al-Megrahi, quen traballou para Muammar Al Gadafi, foi o único condenado tras achalo culpábel do atentado con bomba que fixo estalar un avión da aeroliña Pan Am sobre Lockerbie, Dumfries e Galloway --no Reino Unido-- na véspera do nadal de 1988, causando a morte de 270 persoas. Até a súa morte, negou ter implicación neste feitos e tampouco nos abusos de dereitos humanos que se lle reprochaban do goberno de Gadafi.

Máis en Mundo
Comentarios