Militantes de NNGG mófanse d@s afectad@s polas preferentes

Un grupo de militantes das xuventudes do Partido Popular apuparon @s estafad@s polo calote das preferentes que se manifestaban ás portas da Audiencia Nacional española coincidindo coa declaración de Cospedal. Vídeo no interior

Desprazáronse desde Castela A Macha para amosaren o seu apoio á secretaria xeral do Partido Popular. Ao berro de "Cospedal! Cospedal!" unha vintena de moz@s agardaban ás portas da Audiencia a chegada da líder popular.

Xunto a el@s, estafad@s polo calote das preferentes manifestábanse tamén perante o Tribunal para denunciaren o roubo dos seus aforros por Bankia --entidade financeira resultante da fusión de Caja Madrid con outras caixas españolas. 

A mocidade de NNGG rematou por trocar os seus apoios a Cospedal en asubíos e mofas @s estafad@s. As risadas d@s simpatizantes do PP logo se moveron polas redes sociais que converteu oz hastag #NNGGdelPP e #NuevasGeneraciones en trending topic.  

Máis en Mundo
Comentarios