Nas eleccións de 2017

Merkel persegue un cuarto mandato como chanceler alemá

O semanario “Der Spiegel” recolle unha información en que asegura que a chanceler alemá, Angela Merkel, volverá presentarse como candidata da CDU nas eleccións de 2017. Trataríase do cuarto mandato de Merkel á fronte do Goberno.

Ángela Merkel
photo_camera Ángela Merkel

Segundo o semanario “Der Spiegel”, a chanceler alemá persegue sumar un cuarto mandato á fronte do Goberno, de modo que volvería presentarse como candidata da Unión Cristián Demócrata (CDU) nas eleccións parlamentares de 2017. O xornal sinala que Merkel falaría das súas intencións co secretario xeral do partido, Peter Tauber, aínda que non anunciaría a súa candidatura até principios do ano que vén.

No último "Politbarometer" publicado o 24 de xullo pola televisión estatal ratificouse a alta popularidade de Merkel nos últimos anos, caracterizados pola crise financeira. No estudo, que pon notas que abranguen do -5 ao +5, a chanceler acada un +2,4, moi seguida do ministro de Finanzas, Wolfgang Schauble, cun +2,2, quen foi a cara visíbel da man de ferro con Atenas.

Merkel accedeu á Chancelaría por vez primeira en novembro de 2005 e logrou a reelección en 2009 e en 2013.

Máis en Mundo
Comentarios