A marihuana poderase mercar nas farmacias do Uruguai

A marihuana poderase cultivar, consumir en clubs ou mercar nas farmacias do Uruguai. Unha lei aprobada por 50 votos dos 96 deputados do congreso decidiu dar un paso adiante na legalización das drogas que o presidente Mújica explica como un medio para loitar contra o narcotráfico. 

José Mújica, presidente de Uruguay
photo_camera José Mújica, presidente de Uruguay

Despois dun logo debate no Congreso dos Deputados, o goberno uruguaio conseguiu levar adiante a súa lei que regulariza o uso da marihuana para usos recreativos, medicinal e industrial. Poderase adquirir mediante autocultivo de seis plantas e 480 gramos de colleita, clubs colectivos de 15 a 45 persoas ou a través de farmacias ate 40 gramos por mes. 

En declaracións a Repórter Brasil, o presidente do Uruguai polo Fronte Amplo, José Múgica, defendeu que a legalización era a máis acaída medida para vencer o narcotráfico. “O problema non é que a xente fume marihuana senón o negocio que hai detrás e que rompeu os vellos códigos da delincuencia. O narcotráfico fixo aparecer no noso país os sicarios, os que matan por encargo e esa é a barbaridade, moito peor que a droga” sinalou, antes de garantir a regulación por parte do Estado do mercado das drogas legais.

Máis en Mundo
Comentarios